Partido con Polbo

Partido con Polbo

Onte, 20 de abril, tivemos un partido entre Xabaríns e Polbo, equipo da Coruña, no campo de hóckey da USC. Ambos equipos estiveron moi igualados e todos pasamos unha tarde entretida disfrutanto do noso deporte preferido e dun tempo espectacular. Agradecementos por suposto aos compañeiros da Coruña que viñeron ata Santiago.

Adestramento pasado por auga

Adestramento pasado por auga

O pasado xoves 11 de abril tivemos adestramento no campo de hóckey que logo dun inverno tan húmido estaba encharcado. Logo de moitas caídas e de que moitos se tirasen para coller algún que outro disco rematamos como mostan as fotos. Para moitos foi o mellor adestramento e máis divertido ata o de agora.

Partido con Polbo

Partido con Polbo

O pasado sábado 6 de abril os compañeiros da Coruña viñeron ata Santiago para botar un Partido e disfrutar do Ultimate. Grazas por vir.  

Partido de adestramento con Polbo

Partido de adestramento con Polbo

Para habituarse a xogar en praia integrantes de Xabaríns foron as semanas anteriores ao Torneo de Costa Brava á Coruña a botar un partido con Polbo, os que serían os seus compañeiros no Torneo. Deixamos algunhas fotos sacadas por Seb.

Xornada no CSHG

Xornada no CSHG

Hai unhas semanas algúns integrantes do equipo foron ao Centro Superior de Hostelería de Galicia a dar unha clase práctica e achegar aos interesados o ultimate. Deixamos algunhas fotos a continuación. Grazas aos participantes polo interese e a Rachel, Felipe, Gabriel e Timoteo pola clase.