Historia

A mediados do curso 2011/2012 Rocío organizou coa axuda do Departamento de Deportes da USC unhas xornadas de achegamento ao ultimate que pronto mudaron a un entrenamento regular dous días á semana. As xornadas conseguiran un grupo numeroso pero pouco a pouco foi faltando xente e asistían regularmente tres ou catro persoas ata o remate do curso académico.

No comezo do actual 2012/2013 cun grande esforzo e logo de colar carteis e por anuncios por todas partes foise achegando cada vez máis xente. Todo o equipo tentaba atraer xente e inda que moitos non volvían sempre quedaba algún que se sumaba ao grupo. Logo do esforzo logramos chegar ata os actuais 14 ou 15 que entrenamos regularmente.

No segundo trimestre de 2013 creamos a asociación XABARÍNSULTIMATE para dar soporte ás necesidades do equipo e fomos ao noso primeiro torneo como Xabaríns  quedando moi satisfeitos.