Filed under Actividades

Resumo do Campionato de España II

Resumo do Campionato de España II

No seguinte enlace podedes ver  un resumo do Campionato de España  1ª división Open celebrado en Santiago de Compostela este mes de agosto. Grazas a Alexis Rey e a Mariana Romero polo seu marabilloso traballo e por saber captar á perfección o ESPÍRITU XABARÍN. Achegámosvos tamén unhas cantas fotos do campionato. Let’s play with the … Seguir lendo

O Ultimate xa está na USC

O Ultimate xa está na USC

0 2 de outubro comeza a nosa andadura como actividade oficial do Servizo de deportes da USC. Dende a Asociación Deportiva XabarínsUltimate Santiago convidámosvos a participar na recente estreada actividade e agardamos que teña unha grande acollida. INFORMACIÓN PARA ESTUDANTES MATRICULADOS NO CURSO 2013/2014 NA USC: INSCRICIÓN: Para inscribirse na actividade é necesario estar dado … Seguir lendo

Entrevista na Radio Galega

O pasado día 30 a Radio Galega fixo unha entrevista á nosa capitá Rocío. Dez minutazos nos que explica como se iniciou ela, detalles do deporte, as características do disco e a dinámica de xogo, fala do recente campionato e anima a todo o mundo a practicar o ultimate e a sumarse ao equipo que … Seguir lendo

Resumo do Campionato de España

Resumo do Campionato de España

Pasados xa uns días e moito máis relaxados e ben descansados podemos facer balance. Temos que agradecer aos equipos que viñeron ata Santiago a súa participación no campionato, ás modistas que crearon a impresionante mascota o traballo feito e a que se meteu dentro cando ninguén quixo, a Brais (o fisio) que estivo en todo momento … Seguir lendo

Campionato de España 1ª división OPEN 2013

Campionato de España 1ª división OPEN 2013

O 24 e 25 de agosto tedes unha cita en Santiago de Compostela. Xabaríns é o encargado de organizar o campionato de España de ultimate open de 1ª división sobre herba. Este congregará a moitos xogadores do máis alto nivel do estado. Os partidos disputaranse nos campos municipais das Cancelas e Sergas e dende a organización moitos … Seguir lendo

Xornada no CSHG

Xornada no CSHG

Hai unhas semanas algúns integrantes do equipo foron ao Centro Superior de Hostelería de Galicia a dar unha clase práctica e achegar aos interesados o ultimate. Deixamos algunhas fotos a continuación. Grazas aos participantes polo interese e a Rachel, Felipe, Gabriel e Timoteo pola clase.