Resumo do Campionato de España

Pasados xa uns días e moito máis relaxados e ben descansados podemos facer balance. Temos que agradecer aos equipos que viñeron ata Santiago a súa participación no campionato, ás modistas que crearon a impresionante mascota o traballo feito e a que se meteu dentro cando ninguén quixo, a Brais (o fisio) que estivo en todo momento á disposición dos participantes, aos fotógrafos, á FEDV por darnos a posibilidade de organizar o campionato, a Polbo pola súa axuda e polo deseño do logo e da cartelería, ao Concello pola colaboración e polo préstamo dos campos, a todas as persoas que axudaron estes últimos meses e aos integrantes de Xabaríns que traballaron arreo e fixeron todo o posible para tentar que as cousas saisen á perfección.

A clasificación final foi a seguinte:

  1. Mubidisk
  2. Guayota
  3. Disctèrics
  4. Corocotta
  5. Quijotes
  6. Cidbee
  7. Peixets
  8. Frisbillanas
  9. Malditos Bastardos
  10. Quijotes B (Sancho)

Atis Tirma e Fendisc descenden ao non presentarse.

As puntuacións do spirit foron:

Corocotta – 11
Malditos Bastardos – 10’57
Disctèrics – 10’5
Cidbee – 10’42
Frisbillanas – 10’42
Guayota – 10’33
Quijotes – 10
Peixets – 9’86
Quijotes B (Sancho) – 9’14
Mubidisk – 8’33

Con motivo do campionato Radio Galicia – Cadena SER fixo unha reportaxe sobre o ultimate no que participaron Paula (Xabaríns) e Javier (Guayota) e que deixamos a continuación. Agradecerlle ao medio o seu interese.

[audio https://dl.dropboxusercontent.com/u/1567957/REPOR%20ULTIMATE.mp3 ]

As fotografías publicaranse próximamente. Unha vez máis grazas a todos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s