Resumo do Campionato de España II

Resumo do Campionato de España II

No seguinte enlace podedes ver  un resumo do Campionato de España  1ª división Open celebrado en Santiago de Compostela este mes de agosto. Grazas a Alexis Rey e a Mariana Romero polo seu marabilloso traballo e por saber captar á perfección o ESPÍRITU XABARÍN. Achegámosvos tamén unhas cantas fotos do campionato. Let’s play with the … Seguir lendo

O Ultimate xa está na USC

O Ultimate xa está na USC

0 2 de outubro comeza a nosa andadura como actividade oficial do Servizo de deportes da USC. Dende a Asociación Deportiva XabarínsUltimate Santiago convidámosvos a participar na recente estreada actividade e agardamos que teña unha grande acollida. INFORMACIÓN PARA ESTUDANTES MATRICULADOS NO CURSO 2013/2014 NA USC: INSCRICIÓN: Para inscribirse na actividade é necesario estar dado … Seguir lendo

Entrevista na Radio Galega

O pasado día 30 a Radio Galega fixo unha entrevista á nosa capitá Rocío. Dez minutazos nos que explica como se iniciou ela, detalles do deporte, as características do disco e a dinámica de xogo, fala do recente campionato e anima a todo o mundo a practicar o ultimate e a sumarse ao equipo que … Seguir lendo

Campionato de España 1ª división OPEN 2013

Campionato de España 1ª división OPEN 2013

O 24 e 25 de agosto tedes unha cita en Santiago de Compostela. Xabaríns é o encargado de organizar o campionato de España de ultimate open de 1ª división sobre herba. Este congregará a moitos xogadores do máis alto nivel do estado. Os partidos disputaranse nos campos municipais das Cancelas e Sergas e dende a organización moitos … Seguir lendo

In&Out III

In&Out III

Os días 27 e 28 de abril o equipo foi a este torneo de Cantabria organizado por Fendisc. Os partidos disputáronse o sábado na praia de Laredo pola mañá e nos campos de herba da finca onde estábamos aloxados pola tarde. O domingo , segundo a posición adquirida cos partidos anteriores, xogábase no pavillón municipal … Seguir lendo